Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CONSOLACIÓN A MARCIA. CONSOLACIÓN A HELVIA

por Seneca
€15,00
ISBN 9788417388249
A orixe da consolación como xénero literario en Grecia estivo ligada a distintas escolas filosóficas: estoica, epicúrea, peripatética, cínica, platónica, neoplatónica. Eran os filósofos os encargados de dar resignación aos aflixidos, botando man do eclecticismo.

Co tempo, foron os retóricos os que tomaron a consolatio e fixaron unhas formas que posteriormente serían aceptadas como modelo: unha introdución para expor a desgraza e o tratamento; uns praecepta, causas e regras para sandar a dor; os exempla, paradigmas de comportamento edificante; e unha recapitulación final dos temas principais engadindo a idea máis cabal dunha dor sobria e contida. O obxectivo fundamental era a de cambiar os sentimentos da persoa aflixida coa forza da razón, xa que as circunstancias externas serían indiferentes a calquera razoamento. A Consolación a Marcia tenta confortar unha matrona romana coetánea de Tiberio, que perdeu o seu fillo Metilio tres anos atrás. A datación máis estendida entre os estudosos é antes do ano 41, pero podería fixarse entre o 37 e ese ano. O que si é seguro é que Séneca xa tiña sona de filósofo capacitado para consolar. A Consolación a Helvia está composta para conforto da súa nai Helvia no transo do propio desterro motivado pola acusación de adulterio. Na obra non se menciona a causa do castigo. Os remedios contra a desolación propostos por Séneca nas Consolacións son tres: o gozo do espírito contemplando a natureza do propio lugar do exilio como unha das máximas aspiracións e libre de toda preocupación ou xa tras a morte; a saudade polo ser querido pode ser substituída pola atención aos outros familiares e o recordo das vivencias compartidas co fillo perdido, e os estudos como medio de cultivar a intelixencia nos preceptos da sabedoría, un xeito tamén de exercitar a razón: o gran baluarte estoico.    

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego