Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CÓMPLICES. A VIOLENCIA MACHISTA INSTITUCIONAL

€20,00
ISBN 9788491514428
Este traballo vén botar luz sobre un dos aspectos da(s) violencia(s) machista(s) menos estudado e tamén menos visíbel: a violencia que exerce o Estado a través das súas institucións sobre as mulleres que están en situación de violencia machista. Poucas publicacións coñecemos que aborden este tema de xeito directo.

A autora explora varios eidos institucionais, cos que tivo ontacto directo, e convida a outras autoras. Sheila Fernández Míguez (desde o eido xurídico), Olalla Villaronga Seoane (que achega unha perspectiva desde o eido rural), Lola Ferreiro Díaz (desde o ámbito sanitario) e Ana Martínez González e Fedra Alcaraz Ladrero (ambas as dúas traballadoras dunha asociación de parálise cerebral) a completar o panorama dunhas institucións que deberían acoller e defender as mulleres violentadas polo machismo. A través deste libro podemos aproximarnos ao labirinto polo que pasan as mulleres en situación de violencia, analizando as forzas de seguridade, o eido xudicial, os servizos sociais ou o eido sanitario.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego