Como liberar o potencial na infancia co método Montessori

19,50

Unha guía práctica dos 30 meses aos 6 anos

A partir dos dous anos e medio, aumenta a curiosidade das nenas e dos nenos, e con ela, a necesidade de proporlles actividades que estimulen o seu crecemento autónomo.

Hay existencias

Esta obra é a continuación de Como liberar o potencial do voso neno, 0-2 anos e nace tamén da experiencia como nai de Daniela Valente, quen, combinando as descubertas de Maria Montessori coa neuropedagoxía e a pedagoxía activa máis avanzadas, suxire multitude de actividades de vida práctica, preparación á lectura e á escritura, desenvolvemento do sentido artístico e musical… Cada páxina e suxestión están pensadas para crear un ambiente que motive a libre escolla dentro duns límites claros e  implique as cativas e os cativos na vida diaria da familia e da contorna co obxectivo de formar persoas únicas e plenamente capacitadas.

Peso 0.100 kg
Autor

Daniela Valente

Idioma

Galego

Nº de páginas

236

Año edición

2020

Editorial

Catro Ventos

Prazo de entrega

EXISTENCIAS

SI