Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

COLEÓPTEROS

€8,00
ISBN 9788494856556
A dor, como parte do proceso de medrar e formara propia identidade, chocando moitas veces cos imperativos sociais, está presente na obra. “En ‘Coleópteros’ os rituais sérvenme máis para pensar en como nos relacionamos con certas cousas”  

Os coleópteros son criaturas fascinantes. Viven apegadas ao chan, furando nas vísceras da terra, ao tempo que posúen a habilidade incríbel de voar. Duros e febles a un tempo, fermosos pero desacougantes. Son en si mesmos unha imaxe que captura ben as ambivalencias que revisten estes poemas. Lorena Souto. Naceu no Páramo (Lugo) en 1983. É licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e realizou estudos de Doutoramento en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Desde o ano 2007 forma parte do consello de redacción da revista Dorna, e ten publicado textos da súa autoría en diversas obras e proxectos colectivos, ademais de participar en numerosos recitais. En 2012 publicou o seu primeiro poemario, Fase de trema, en Espiral Maior, co que gañou a XXIV edición do Premio Pérez Parallé.

____

Editorial: Chan da Polvora
Idioma: Galego