CÓDICE CALIXTINO LIBRO V. GUÍA DEL PEREGRINO MEDIEVAL (SIGLO XII)

11,00

Recuperamos para o gran público o texto máis atractivo e popular do Códice Calixtino. Escrito a mediados do século XII, está considerado como a primeira guía de viaxes de Europa.

Inclúe preto de 300 notas aclaratorias e prácticos índices de persoas e lugares.

Hay existencias

O autor, posiblemente un monxe peregrino, detense nos lugares, monumentos e xentes que atopa ao seu paso polo Camiño. Describe a cidade de Santiago de Compostela, e especialmente a súa catedral, dunha maneira única, detallada e suxestiva, que nos fará viaxar aos primeiros tempos das peregrinacións.

Esta nova edición en castelán, en formato de peto, foi preparada pola profesora María José García Blanco, quen partiu da tradución que, en 1951, levou a cabo, desde o latín orixinal ao castelán, Abelardo Moralejo, coa axuda de Casimiro Torres e Julio Feo.

Inclúe preto de 300 notas aclaratorias e prácticos índices de persoas e lugares.

O Códice Calixtino é candidato ao Rexistro da Memoria do Mundo da UNESCO, un recoñecemento ao máis selecto patrimonio cultural mundial.

Un tesouro, en fin, imprescindible para todos os amantes do Camiño, da cidade de Santiago e da cultura europea.

 

Peso 0.1 kg