Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CÓDICE CALIXTINO. GUÍA MEDIEVAL DO PEREGRINO

€15,00
ISBN WP2231
Cinco son os libros que compoñen o Códice Calixtino, que recibe tal nome do papa Calixto (1119-1124), pero tamén chamado Libro de Santiago por razón do seu contido relacionado co apóstolo. O último deses cinco é precisamente o máis coñecido, sobre todo desde que o Camiño de Santiago adquiriu dimensións universais.....

Despois de que o Consejo de Europa o declarase primeiro “Itinerario Cultural Europeo” no ano 1987, abrindo Galicia e Compostela a Europa e ao mundo. O Códice Calixtino gardábase no arquivo da catedral de Santiago, ata que lamentablemente desapareceu o 4 ou 5 de xullo de 2011, sen que polo de agora ninguén poida aclarar qué pasou con el. O feito divulgouse amplamente por todo o mundo e a noticia fixo que un libro que ata entón era so obxecto de estudo de investigadores se convertese en tema de interese cultural de toda a sociedade en xeral. Ofrecemos aquí o quinto deses libros que compoñen o Códice, no que aparece sen título algún, pero que xa é universalmente coñecido como Guía do peregrino polo seu contido, que o propio autor define así: “Escribín todo isto para que os peregrinos, con esta información, poidan prever os gastos necesarios para a súa viaxe, cando saian para Santiago.” El mesmo fixo a primeira viaxe no século XII desde Francia, pois Aimerico Picaud, a quen se lle atribúe particularmente o libro V, era orixinario de Parthenai, no Poitou francés. Grazas a el conservamos a descrición de moitas vilas que percorreu, de igrexas e sartegos que visitou, de hospitais e de hospedaxes polos que pasou, e mesmo imprescindibles referencias de persoas, boas e malas, que atopou ao longo do camiño, para rematar cunha fermosa e completa descrición da cidade de Santiago, das súas prazas, das súas sete portas e, sobre todo, da súa catedral e do ambiente que xa daquela a arrodeaba, onde  se ofrecían aos peregrinos todo tipo de mercadorías, dende "vieiras ata botas de viño, zapatos, mochilas de pel de cervo, bolsas, correas, cintos e ata herbas medicinais”.  

____