Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

GALICIA ENTRE COPAS

Agotado
€23,90
ISBN WP3056
Unha viaxe fascinante polos mellores viños do fin do mundo. Mariano Fisac xa se propuxera ensinarnos a beber bos viños sen arruinarnos dende o seu blog, Mileurismo Gourmet. Agora, dende as páxinas deste libro, deléitanos mostrándonos unha Galicia de uvas e viñedos que devolven o respecto á terra, producindo viños que espertan todos os sentidos antes de chegar ao padal.

Fai falta "saber de viño" para gozar del? A resposta é NON, pero se malia iso se quere afondar neste mundo e, realmente, "saber de viño", só fan falta ollos, nariz, boca e algo de tempoVelaquí a máxima que guía este libro, especialmente dedicado aos que queren apreciar e gozar o viño sen grandes aparatos.Só a través dun produto artesanal cuxo único aditivo é o zume de uva pódese coñecer como é o viño dunha zonaNestas páxinas só teñen cabida produtores que realizan elaboracións tradicionais e prescinden de tratamentos residuais agresivos coa contorna.Hai algo mellor que saber de onde vén con só percibir os seus aromas? Aquí veremos que é posible...Neste caso, o territorio é Galicia, unha zona de viños única e diferenciada.Abandonen os prexuízos!Galicia non é soa terra de albariños e ribeiros para o marisco. A nosa terra esconde grandes brancos de clase mundial, e tintos saborosos, elegantes, intensos, refrescantes e únicos.Gocen destas páxinas como gusten: con mochila e garfo, ou dende casa, copa a copa!Aos que elixan a primeira opción, suxerímoslles algunhas paradas nas que descansar ou gozar dunha boa botella; aos que escollan a segunda, dirémoslles cales son as mellores botellas, e mesmo algunha pista de onde encontralas, e os manxares cos que acompañalas.Beban con moderación (pero beban viño!) e comecemos xuntos a viaxe.Pepe Solla (...) fíxose un labor impagable por recuperar e potenciar as uvas autóctonas, as de sempre, as que ás veces criamos esquecidas e mesmo non valiosas!, pero por sorte un puñado de heroes aos que coñeceremos neste libro souberon preservar ese patrimonio, e agora agradécenolo de sobra.

Mariano Fisac

Mariano Fisac é licenciado en Dereito, especializado no sector da Administración Pública e o Seguro no que actualmente traballa. Galego afincado en Madrid, dende sempre mostrou unha especial inquietude polo mundo do viño. Esa inquietude manifestouse nunha vida 2.0 que comezou en 2008 co blog Mileurismo Gourmet (www.mileurismogourmet.com), dende o que propoñía unha visión alcanzable e democrática da gastronomía de calidade, cun especial foco no viño. A web tivo grande éxito e numerosos seguidores dende os seus primeiros meses, colocándose no alto dos principais rankings de blogs de viño e gastronomía de España. Posteriormente puxo en marcha un blog en inglés sobre viños españois chamado Wine Gossip From Spain (www.winegossipfromspain.com). Tivo gran repercusión en prensa e televisión, especialmente dende que organiza anualmente, sen ánimo de lucro, o concurso "Os 10 mellores viños por menos de 10 euros", un verdadeiro trampolín para dar a coñecer viños de calidade elaborados por pequenos produtores. Colaborou en numerosos medios e publicacións do sector, e como relator ou prescriptor en feiras como Alimentaria ou o Forum Gastronómico de Santiago. Tamén recibiu algúns premios, como o de Mellor Blog 2010 na categoría Viños e Blogs no marco do "III Concurso de Viños do Noroeste", ou o Mellor Post 2014 en Castelán no Concurso de Blogs organizado pola D. O. Catalunya.


____