Cociña caseira galega

17,00

Coas súas máis de 300 receitas, na que destacamos, pola súa importancia na Estrada, as realizadas con base no salmón, Nieves proponnos, cunha linguaxe próxima e accesible, perder o medo aos fogóns e practicar no día ao día o exercicio, sempre gratificante, de elaborar os nosos propios pratos.

Hay existencias

Category:

Nieves Feros, avoa, nai… cociñeira de profesión até a súa recente xubilación, deleitou coa súa sabedoría e bo facer na cociña á clientela do Restaurante La Bombilla, divulgadora dos seus coñecementos con dous libros anteriores a este -esgotados- e nos cursos organizados pola asociación estradense de Amas de Casa, onde demostrou que para facer bos pratos só -é non é pouco- se necesita moito cariño e bos produtos naturais, dos que felizmente o noso país é potencia mundial. Coas súas máis de 300 receitas, na que destacamos, pola súa importancia na Estrada, as realizadas con base no salmón, presentado por ela como o auténtico «rei da comarca», Nieves proponnos, cunha linguaxe próxima e accesible mesmo para as persoas que non estean moi habituados a ler en galego, perder o medo aos fogóns e practicar no día ao día o exercicio, sempre gratificante, de elaborar os nosos propios pratos. Cociña caseira galega é, sen dúbida e ante todo, un antídoto á cociña rápida, á globalización gastronómica, á vez que unha homenaxe sincera a todas as mulleres que deron de comer a galegas e galegos de todas as épocas.

Peso 0.2 kg