cincuenta decimas

CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS

18,60

Neste libro dáse a coñecer un manuscrito inédito, escrito en galego arredor da década de 1770, que contén cincuenta décimas dirixidas contra o Cura de Fruíme.

Hay existencias

Categorías: , Etiqueta:

Trátase dunha longa carta en verso, sen datar e sen emisor coñecido, en que se fai unha retranqueira censura contra o Cura polos Petitorios que este anualmente publicaba co obxecto de recadar bens para o culto da Virxe das Dores.

A escaseza de textos en galego no período dos Séculos Escuros así como a extensión da composición, o rexistro lingüístico empregado e a súa calidade poética converten as décimas nun texto transcendental neste período da lingua e obrigan a matizar afi rmacións sobre o anecdótico uso do galego escrito nesta altura. Por este motivo, Laiovento comprácese en publicar este libro Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas. Edición e estudo dun novo texto en galego do século XVIII, de Xosé A. Fernández Salgado. Nel ofrece dúas edicións das décimas, unha paleográfi ca e outra anotada e actualizada grafi camente, claves para comprender o seu contido, conxecturas sobre a súa datación e autoría e unha completa análise dos trazos gráfi cos, morfosintácticos e léxicos.

Peso 0.100 kg
Autor

Xosé A. Fernández Salgado

Idioma

Galego

Nº de páginas

204

ISBN

9788484873648

Año edición

2017

Editorial

Laiovento

Prazo de entrega

2017