Chiloé. Unha ollada compartida

20,00

Precedido por «Chiloé», de Eduardo Blanco Amor

 

En 2006, o fotógrafo José Luis Abalo baixa do transbordador que une o territorio continental de Chile con Chiloé. Desde moitos anos antes, sentía a mesma fascinación por esa illa do Océano Pacífico que describe Eduardo Blanco Amor no seu libro Chile a la vista.

Hay existencias

Unha ollada compartida que das verbas do autor de A esmorga pasa ás fotografías deste libro. Unha paisaxe que, desde a pura intuición, semella a dunha Galicia austral. Verdes outeiros, campos cheos de xestas, pequenos golfos e enseadas facilmente asimilables a calquera ría galega. Leiras e praias onde as vacas pastan ceibas. Chiloé refíctese nas fotografías de Abalo co pulo de todas as xeografías arcanas que cómpre descifrar e onde conflúen liñas do tempo e horizontes. Os habitantes levan dentro de si a unión de América coas terras galegas dos seus devanceiros. Os mesmos nomes de lugar, idénticas miradas, semellantes anceios de progreso.

Peso 0.200 kg
Autor

José Luís Abalo

Idioma

Galego

Nº de páginas

100

Encuadernación

Rústica con solapas

ISBN

978-84-9151-252-3

Año edición

2018

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega