Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CEGOÑAS NO FONDO DA RÍA

€13,00
ISBN 9788415699460
Cegoñas no fondo da ría é unha colección de 25 “atopocronías”, sucesos nos que se cruzan os sendeiros das realidades posíbeis e que conforman un corpus mítico-histórico-marabilloso dunha (outra) cidade de Pontevedra.

“Seguramente moi poucas cidades no mundo, ademais de Pondevedra, poderán presumir de contar cun corpus de crónicas tan cheas de sucesos transcendentes e, nunca mellor dito, marabillosos” Manuel Lourenzo González lévanos a descubrir nestas páxinas algúns temas tan suxestivos como a pesca das sereas, o Coloso de Tambo, o incendio da Biblioteca Panxeica de,Pontevedra, rodando Casablanca no café Moderno, o turista que botou raícese despois pólas e logo flores, a Pedra de Rosetta da cultura castrexa, cando América nos descubriu, un poema de Gustavo Adolfo Bécquer en galego, tras o misterio do rei Urco, o Pontevedrés Errante, o mago que conseguiu a inmaterialidade, a científica que o descubriu todo e foi como se nada, a primeira aterraxe dun dirixíbel na Ferraría, santos republicanos, Elvis Presley nas festas da Peregrina, o Diluvio Universal de Pontevedra, a xacia que chegou a Papisa, a muller que faleceu e non o sabía, a teoría das terras furadas, o alquimista verdadeiro, o tesouro do Preste Xan, as pirámides dos atlantes, a lenda de Ravachol, A Gioconda no Museo Provincial, princesas escandinavas primeiro meigas logo santas, unha Pontevedra na selva ecuatorial africana … cegoñas no fondo da ría

____

Editorial: Urco
Idioma: Gallego