Catro historias de emigrantes

22,00

Existe outra Galicia fóra de Galicia… Sempre existiu… Manuel Losa, emigrante el mesmo, conta en “Catro historias de emigrantes” como se xestou esa comunidade de galegos no exterior.

Hay existencias

Category: Etiquetas ,

A través das biografías de catro homes, o autor relata unha parte substancial desa epopea, do destino dos galegos que tiveron que procurar un país de adopción na América do Sur. Velaquí a historia de Antón Crestar Faraldo, Xosé Lage Sierra “Pepe Montoya”, Eduardo Martínez Filgueira “O Cañotas” e Isidoro Manuel García García.

O gran coñecedor do mundo do libro que é Manuel Losa achéganos unha obra sobre a vida de catro galegos na diáspora, distintos entre si pero que
teñen unha raíz común. Dous deles, Crestar e Montoya, cunha vinculación moi importante cos
centros culturais da súa época. Crestar, actuando ademais en forma destacada no aspecto político. Os outros dous, Martínez e García, emigrantes cunha vida que xirou en torno ao mundo laboral.

Dúas das historias contadas nestas páxinas, as de Isidoro García e Eduardo Martínez, desenvólvense
a partir da década de 1950. Pola súa banda, as outras dúas, as de Antón Crestar e José Lage, son de época anterior, o primeiro vinculado co galeguismo, tivo estreita relación con Castelao, Suárez Picallo, Xesús Canabal, Manuel Meilán, Lois Tobío, Alfredo Somoza e outros destacados galeguistas e republicanos, e propiciou unha actividade intensa e de grande relevancia en tempos da Guerra Civil e a posguerra. Participando tamén, de forma sobranceira, na vida artística, parte do libro céntrase na historia do bailarín Xosé Lage, coñecido polo seu nome artístico, Pepe Montoya.

Peso 0.99 kg