DE CATRO A CATRO. MANUSCRITO INÉDITO

21,00

Un dos manuscritos inéditos máis agardados da literatura galega. Publicado agora nunha coidada edición facsimilar que respecta fielmente o formato orixinal no que foi creado: un caderno de contas en capa dura.

Hay existencias

Category: Tag:

De catro a catro, escrito por Manuel Antonio entre os anos 1926 e 1927, é un dos libros de poesía galega máis relevantes de todos os tempos. Está considerado ademais coma unha das cimas universais da poesía vangardista.

O coidado desta edición, que inclúe a transcrición do texto coa identificación das súas variantes sobre a edición que Ánxel Casal publicou en Edicións Nós en 1928, e a reprodución de varias fotografías e ilustracións moi pouco divulgadas ata hoxe, corre a cargo do catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, Anxo Tarrío Varela.

Peso 0.200 kg
Autor

Manuel Antonio

Idioma

Galego

Nº de páginas

170

ISBN

978-84-16460-13-7

Año edición

2016

Editorial

Alvarellos