Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CATÁLOGO TIPOLÓXICO DO CONTO GALEGO DE TRADICIÓN ORAL: CLASIFICACIÓN, ANTOLOXÍA E BIBLIOGRAFÍA

€50,00
ISBN 9788481584837
Hai contos de fadas e princesas, de ogros e demos, de animais e pantasmas. Todos eles son a base da nosa tradición e patrimonio cultural. A transmisión xeración a xeración en moitos casos dende séculos atrás fíxose a través da oralidade, un método que agora fai que moitos deles periguen  

O  CATÁLOGO de contos galegos baséase no sistema de Aarne-Thompson, reelaborado en 2004 en The Catalogue of International Tale Types por Hans-Jörg Uther. Contén preto de setecentos tipos e subtipos, a maioría correspondentes ó ATU (Aarne-Thompson and Uther). Cada tipo (subtipo) leva un conto modelo, a maior parte vai acompañada de referencias bibliográficas dutras versións e das reelaboracións literarias coñecidas. Nalgúns casos, insírense refráns sobre o tema. Obxectivos do catálogo O volume publicado por Camiño Noia contén preto de 700 tipos e subtipos de contos recollidos non só na Galicia que agora coñecemos senón en toda a área lingüística do galego. Ademais de poñer en valor este patrimonio e recuperalo, o obxectivo da autora é poñer á disposición dos investigadores galegos un material que lles poida servir nos seus traballos de investigación, especialmente para antropólogos, folcloristas, filólogos, sociólogos ou calquera persoa interesada nos contos tradicionais. Ademais esta clasificación permite dar a coñecer no ámbito internacional a narrativa oral galega, “tal e como permiten as fontes das que hoxe dispoñemos, para que a nosa tradición folclórica sexa valorada e poida figurar nos repertorios de contos universais xunto á doutras áreas lingüísticas”. Algúns dos textos recollidos e dos tipos e s subtipos están xa practicamente perdidos en todo o territorio galego e están presente grazas a coleccións e recolleitas particulares. Por este motivo, a idea da profesora é manter vivo este legado e dar a coñecer “un mundo imaxinario creado pola fantasía do pobo que é parte do que hoxe somos, no global e no local. Un patrimonio que nos remite ao mundo rural dos noso devanceiros e que debería levarnos a compartir sentimentos, afectos e modos de vida comúns”, explica a docente. Maxia, humor e fórmula en 700 tipos de contos O catálogo de contos galegos baséase no sistema metodolóxico de Aarne-Thompson-Uter (ATU) e contén preto de 700 tipos e subtipos de relatos clasificados segundo a súa temática, que comprende dende os contos de maxia e relixión ata realistas, humorísticos e de fórmula. Cada unha das categorías leva un conto modelo e a maior parte está acompañada de referencias bibliográficas doutras versións e das reelaboracións literarias coñecidas. "Comecei a elaborar este traballo no ano 1994 con achegas dos meus alumnos e foi a raíz da miña participación nun curso de contos que se celebrou en Valencia cando me inxerin de cabeza no mundo da folclorística" apunta Noia, que lembra esta experiencia dun xeito especial posto que "nesta reunión entrei en contacto con catalogadores internacionais que me axudaron moito no meu traballo e cos que aínda me sigo reunindo periodicamente" asegura. Para Camiño Noia esta non é a súa primeira aproximación aos contos galegos, posto que xa ten publicado o libro Contos galegos de tradición oral no 2002 e diversos artigos sobre o tema e traballa dende hai anos no campo da narrativa oral, con especial interese nos contos galegos tradicionais no ámbito da literatura comparada. O seguinte paso da docente será a elaboración dunha nova versión “máis técnica” do catálogo, esta vez con resumos dos contos e traducido ao inglés, para presentalo no Centro de Folclorística Internacional de Helsinki. “Unha maneira de que Galicia estea presente neste eido a nivel mundial” comenta a autora.

____

Editorial: Uvigo
Idioma: Gallego