Oferta
castelao pintor

Castelao pintor

24,00 10,50

A historia do Castelao pintor é parella á do debuxante e caricaturista.

Hay existencias

Categoría: Etiquetas: , ,

O xenio plástico e a capacidade para transmitir o relato que contén cada imaxe fan da súa obra pictórica un dos maiores expoñentes dunha arte de vocación popular que, ao mesmo tempo, busca a emoción estética. Castelao acada nos seus últimos cadros unha verdadeira liberación da cor na procura dunha pintura que tamén capta o que non se ve.

Este volume, amplamente ilustrado, foi coordinado por Carlos Lema e conta cun limiar a cargo de Miguel Anxo Seixas Seoane e epílogo de José Manuel López Vázquez.

Castelao,
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1886-Bos Aires 1950) é unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista. Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa profesión para dedicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galicia. A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido, no marco do Partido Galeguista, coa defensa da autonomía para Galicia e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mítica. Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos. En 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra Ben de Interese Cultural.

Peso 0.200 kg
Autor

Castelao

Idioma

Galego

Nº de páginas

150

ISBN

978-84-8288-949-8

Año edición

2007

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)