Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O POBRE TOLO

€13,50
ISBN 9788493699383

 

Primeira entrega de oito, esta serie aborda a biografía do intelectual e político Daniel A. Rodríguez Castelao. Excelentemente ambientada e documentada, simple e ao mesmo tempo narrativamente ambiciosa, este tratamento da vida dunha das grandes figuras na cultura e historia galega non ten precedentes en dimensión e calidade.

Neste volume da excepcional serie biográfica sobre esta gran figura da cultura e da historia galega coñecemos un Castelao no desterro político, exercendo de funcionario en Badaxoz, en 1934. Alí coñece outros galegos e interésase pola situación social en Estremadura. Vivindo entre a morriña e as escapadas a Portugal, nunha das súas viaxes atopa un libro que marcará a súa vida nese momento, unha etapa fundamental para entender moitas das súas ideas.

____

Editorial: DEMO

Idioma: Galego