Casas baratas

Casas baratas

14,70

As vivencias e as experiencias que constitúen a memoria da adolescencia son as que nutren Casas baratas. Un libro de contos co que Antón Riveiro Coello se debruza sobre o tempo no que se forma a personalidade e sobre o que se constrúe a memoria individual.

Hay existencias

Un libro que esperta lembranzas a través duns realtos nos que se rescatan historias e emocións inesquecibles.

Enfiados por un mesmo narrador e cun escenario común, a vila de Xinzo da Limia en pleno franquismo, os relatos de Casas baratas fan xurdir, con intensidade e humor, gorentosos episodiosn nos que historia persoal e colectiva se mesturan e enrriquecen mutuamente. Antón Riveiro Coello reconstrúe con mestría todo un mundo de sensacións e vivencias, converte a literatura no único acobillo do home. O autor de As rulas de Bakunin manexa os diferentes rexistros do conto, desde o humor ao dramatismo, pasando polo misterio e a iniciación no amor, sen deixar de sorprender en todo momento.

O mundo de Casas baratas é o mundo da infancia e dos inicios da adolescencia Riveiro Coello nárrao desde os ollos dun rapaz, cunha mirada que no cotiá descobre o misterio e nos sentimentos sinxelos atopa a paixón de vivir. Os contos deste libro reconcilíannos coa realidade, fannos sentir o paso do tempo non coma unha carencia senón coma unha experiencia que enriquece e da sentido ao vivido. Literatura auténtica escrita desde as emocións que perduran.

Peso 0.200 kg
Autor

Antón Riveiro Coello

Idioma

Galego

Nº de páginas

204

Encuadernación

Rústica con solapas

ISBN

978-84-8288-852-1

Año edición

2005

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega

De 3 a 5 días