Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)

23,15

2ª Edición – Premio Ánxel Casal ao libro de non ficción, 2009 – Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega (Ensaio) 2010

 

Xesús Alonso Montero recolle neste libro cento vinte cartas de republicanos galegos escritas despois de que recibiran oficialmente a noticia de que foran condenados á pena de morte. É o momento en que algúns deciden despedirse, por escrito, dos seus: dos pais, dos irmáns, da muller, da noiva, dos amigos… Nalgúns casos, especialmente entre comunistas, do Partido.

Hay existencias

Ningún xénero literario expresa con máis emoción o drama da Guerra Civil (e das súas consecuencias) que este tipo de cartas escritas polos republicanos nun momento en que toda esperanza estaba perdida. Hai, ademais, despedidas que son especialmente conmovedoras, e outras, dun certo nivel literario, e todas, e cada unha, un documento histórico que nos fai deplorar as que xa se perderon para sempre e as que, por torpeza ou incuria nosa, aínda non foron exhumadas. Un libro clave no proceso de construción da memoria republicana de Galicia que, ademais, constitúe o primeiro corpus epistolar deste xénero, territorio e período que se publica.

Peso 0.600 kg
Autor

Xesús Alonso Montero

Idioma

Galego

Nº de páginas

560

Encuadernación

Rústica cosido a fío

ISBN

978-84-9914-000-1

Año edición

2009

Editorial

Xerais

Premios

Premio Ánxel Casal ao libro de non ficción, 2009 – Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega (Ensaio) 2010

Prazo de entrega