Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CARTA A UNHA PROFESORA

€15,00
ISBN 9788484644354
O alumnado da Escola de Barbiana, na Toscana italiana, denunciou a selectividade social que impón un modelo de educación clasista e conservadora. As ideas propostas polo mestre foron consideradas revolucionarias e perigosas na súa época.

A Escola de Barbiana é un proxecto educativo creado por Lorenzo Milani nos anos 50 no barrio de Barbiana, na vila de Vicchio, na provincia italiana de Florencia. A escola creou e motivou debates pedagóxicos nos anos 60. Lorenzo Milani foi destinado á igrexa de Barbiana logo dalgunhas desavinzas co cardeal de Florencia. Alí comezou unha experiencia educativa única cos nenos e rapaces da zona que, por razóns xeográficas e socioeconómicas, estaban en clara desvantaxe académica respecto ós seus compañeiros de clase da cidade. A escola axiña suscitou polémica e críticas tanto desde o mundo da Igrexa Católica (nin Xoán XXIII nin Paulo VI interviñeron ó su favor), como desde o laico. A resposta a estas críticas chegou co libro Lettera ad una professoressa (carta a unha mestra), libro escrito por alumnos da escola (como autor aparece a "Scuola di Barbiana"), que explicaba os inicios da Escola ó mesmo tempo que formulaba unha crítica construtiva á escola tradicional italiana, definida como "un ospedale che cura i sani e respinge i malati" (un hospital que cura ós sans e empeora ós enfermos). Criticaba a falta de preocupación polos rapaces con dificultades, mentres que se favorecía ós rapaces cunha formación familiar anterior, clase esta personificada en "Pierino del dottore" (un típico rapaz, fillo dun profesional de clase alta, que xa sabía ler ó chegar á escola).

____

Editorial: Kalandraka
Idioma: Gallego