CARLOS VALCÁRCEL FOTOGRAFÍA ETNOGRÁFICA 1960-1980

35,00

197 fotografías en B/N.

Entre finais dos anos cincuenta e comezos dos oitenta do século XX, Carlos Valcárcel viaxou en numerosas ocasións polos arredores de Lugo, e outras partes de Galicia, para tomar fotografías. Dúas décadas que, para moitos estudosos da súa obra, representan a época dourada de Carlos como fotógrafo.

Hay existencias

De entre o seu enorme arquivo de negativos en branco e negro publicamos agora 197 imaxes nas que o lector atento poderá contemplar o inexorable paso do tempo que xa neses anos comezaba a esvaecer os nidios trazos da cultura tradicional galega.

Na escolma fotográfica hai escenas dos traballos no campo e no mar, dos oficios e a industria artesanal, das feiras, festas e celebracións relixiosas, do comercio, da música, de persoas que se deixan retratar en diferentes situacións e de escenas “roubadas”… dos artesáns que traballaban nos desaparecidos cubertos pegados á muralla de Lugo, das redeiras nos portos de Malpica e Aguiño, do afiador de Ourense nun pobo da costa coruñesa, do fotógrafo ambulante retratando dúas nenas nunha rúa de Pontevedra, dos traballadores de obras públicas, de nenos e nenas que hoxe serán pais e nais (ou avós e avoas), de anciáns, de cabalarías, bois, vacas e apeiros que xa non traballan o campo, de sementeiras e colleitas dos alimentos estacionais, de pastores e pastoras, daqueles xitanos xa asentados e dos nómades que percorrían Galicia e outras terras, do trato nas feiras, da pesca no río e no mar, de instalacións de carpintería de ribeira hoxe desaparecidos, do obrigado polbo na feira, do xogo da baralla na taberna, das taberneiras, da conversa na barbería ou en situacións ben diferentes, do paso do tempo reflectida nas mans e o corpo das xentes…, e dunha certa alegría, dignidade e reflexión que transmiten os rostros das persoas que viviron aquela sociedade galega do século pasado.

A introdución, que inclúe un completo estudo humano e como fotógrafo de Carlos Valcárcel, está escrita por dous amigos, compañeiros de afección e profundos coñecedores da súa obra e da súa técnica: os fotógrafos Román Montesinos e Eduardo Ochoa.

Peso 0.200 kg
Autor

Carlos Valcárcel Gay

Idioma

Galego

ISBN

978-84-09-16649-7

Nº de páginas

246

Encuadernación

Rústica con solapas

Año edición

2020

Editorial

Libros Canela

Prazo de entrega