Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CARLOS MARX, O ETERNO REBELDE

€14,90
ISBN 9788484873969
Carlos Marx cumpre 200 anos o 5 de maio do 2018. E cúmpreos porque segue vivo, aínda que o mesmo soltase unha sonora gargallada se alguén lle predicira que dous séculos despois sería un home polémico.

Amado e odiado no planeta Terra, foi segundo unha enquisa (coa marxe de erro que ten calquera) o home máis publicado no milenio e por iso é polo que se lle concede o primeiro lugar entre os homo sapiens. A súa obra cume O Capital é un dos libros máis comercializados da historia humana, malia que non creo sexa entendido por todos os que lean esa monumental obra, hoxe usada como bibliografía o mesmo en Harvard que nunha pequena escola da Patagonia. Terxiversado, levado a dogma, no propio século XIX dicía “Todo o que sei é que eu non son marxista”. O corpo teórico desta filosofía estivo en crise desde o seu nacemento, pero nunca foi quebrantado, aínda que a súa revisión cara á esquerda ou á dereita levou a que unha boa parte dos terrícolas explorados, marxinados e ata escravizados aínda hoxe, non entendan que esa teoría sustenta a liberación de todos a partir de que se elimine a plusvalía. Dese home e a súa contorna, como un acto confeso de amor, trata o libro que o lector ten nas súas mans: Carlos Marx, o eterno rebelde, que foi publicado por Edicións Laiovento en 1996, baixo o titulo Mouro, o eterno rebelde.

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Gallego