debullando muros

CARBALLO. Derrubando muros con pintura

29,00

O proxecto editorial de Xan Carballa no que desta volta colabora Xulio Gil como fotógrafo e ilustrador.

Sólo quedan 1 disponibles

Xunto ao prólogo de Xurxo Chapela polas páxinas do volume aparecen os textos de Henrique Mariño, Cristina Abelleira, Xurxo Borrazás, Rosalía Fernández Rial, Ignacio Silva, Santi Pazos, Santi Garrido, Patricia Blanco, Farruco Graña e Belén Puñal.

Estes textos combínanse con fotografías nas que Xulio Gil amosa os traballos de Bordalo II, Pixel Pancho, Nómada, Aryz, Dulk, Case Maclaim, Hyuro, No3l, Natalia Rak e Isaac Mahow sobre os muros de Carballo. Trátase, explican dende o Concello, de amosar dende a arte “a transformación de espazos comunitarios” da localidade. O libro é, ao tempo, unha mostra para as persoas vinculadas á vila e tamén “unha guía turística imprescindible”.

Pinturas e literatura van da man para presentar un proxecto que, lembran dende Carballo, xa deu pé a outras obras artísticas, como pezas musicais ou o documental sobre Derrubando muros con pintura realizado por Nani Mouro co gallo do Rexenera Fest.

No ano 2014 un edificio do barrio da Milagrosa de Carballo deixou de ter como bandeira unha lona tirando a podre. No seu lugar apareceu un mural pintado por dúas artistas, Roberta Venanzi e Paula Freire. Aquela primeira obra foi o xermolo de Derrubando muros con pintura, o proxecto que cada ano xunta no Rexenera Fest un bo número de artistas internacionais que plasman as súas obras nos muros carballeses. Este “museo a ceo aberto contra o feísmo” medra anualmente polas paredes e agora tamén polas páxinas dun libro, no que letra poética e xornalística se mesturan coa pintura.

Peso 0.500 kg
Autor

Xan Carballa

Idioma

Galego

Nº de páginas

178

ISBN

9788494650000

Año edición

2016

Editorial

Engaiolarte

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)