Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CANTIGAS DE SANTA MARÍA: CÓDICE DE TOLEDO (TO).

€18,00
ISBN WP3791
Códice de Toledo: recibe este nome porque pertenceu á Catedral de Toledo, pese a que está custodiado na Biblioteca Nacional de Madrid desde 1869, logo da desamortización.Ten 160 folios de pergameo, con letra gótica francesa a dúas columnas con iniciais decoradas con filigranas, alternando tinta de cor negra, encarnada e azul.  

As Cantigas de Santa María son un conxunto de catrocentas vinte e sete composicións en galego-portugués, que no século XIII era a lingua fundamental da lírica culta en Castela. Atópanse repartidas en catromanuscritos, un deles na Biblioteca Nacional en Madrid (Codex To, por Toledo), dous en San Lorenzo de El Escorial (Codex E e T) e o cuarto en Florencia (Codex F). As Cantigas de Santa María pódense dividir en dous grupos:
  • O primeiro fórmano as cantigas da nosa Señora, cantigas narrativas con loanzas á Virxe Santa María e que son un verdadeiro compendio de historias, milagres, xogos etc relacionados coa Virxe, ben sexa pola súa intervención directa ou polos amores místicos que a súa figura xera nas almas piadosas.
  • O segundo son as cantigas de loor, máis reducido (posto que son as cantigas cuxo número de orde é múltiplo de dez); trátase de poemas máis serios, profundos, case místicos, nos cales en lugar de cantar os milagres da Virxe reflíctese sobre ela, como nunha oración.
  • As Cantigas de Santa María están recollidas en catro códices, que expoñemos a seguir:
    • Códice de Toledo: recibe este nome porque pertenceu á Catedral de Toledo, pese a que está custodiado na Biblioteca Nacional de Madrid desde 1869, logo da desamortización.Ten 160 folios de pergameo, con letra gótica francesa a dúas columnas con iniciais decoradas con filigranas, alternando tinta de cor negra, encarnada e azul. Foi feito despois de 1264 pois fai mención ás conquistas de Jerez, Medina e Alcalá. Inclúe 126 cantigas, e non ten ilustracións, mais si notación musical completa. Contén 128 cantigas.
    • O códice rico: actualmente pertence á Biblioteca de El Escorial, e posúe notación musical e miniaturas.
    • Escurialense: tamén pertence á Biblioteca de El Escorial, e tamén posúe notación musical e miniaturas.
    • Florentino: permanece na Biblioteca Nacional de Florencia. Por ser o máis recente, ficou incompleto, debido á morte de Afonso X.

____