cando pasou o que pasou

Cando pasou o que pasou

16,00

O 28 de xaneiro do 2018, cúmprense oitenta anos deste episodio.

Pepe saltou pola fiestra do Castelo de San Antón; nadou pola badía de A Coruña e chegou salvo a terra. Pero os fascistas asasinárono antes de que pasaran dous meses.

Hay existencias

Categoría: Etiquetas: ,

Oitenta anos de silencio, de agonía e de carraxe. Oitenta anos nos que, miles de persoas, trataron de esquecer, de afogar, de disimular e non contar para que non se soubera… Por se acaso…!

Pepe saltou pola fiestra do Castelo de San Antón; nadou pola badía de A Coruña e chegou salvo a terra. Pero os fascistas asasinárono antes de que pasaran dous meses. E con el mataron tamén, dalgún xeito, os fillos, o pai, a muller, as irmáns… A todo o seu entorno que tivo que re-inventar a vida para seguir adiante.

“Cando pasou o que pasou” é un eufemismo que escoitei por boca de alguén para definir como aquela represión brutal afectou a persoas con nome a apelidos; a persoas que, ademais de padecela directamente, padecérona por duplicado pois transmitíronlle as súas consecuencias ós que quedaron e que tiveron que levalas de mellor ou pero xeito. Disto trata este libro. Do que pasou cando pasou e do que pasou despois.

Peso 0.100 kg
Autor

Rosario Regueira Cereijo

Idioma

Galego

Nº de páginas

169

ISBN

978-84-947719-6-5

Año edición

2018

Editorial

Toxosoutos

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)

DISTRIBUIDOR

Consorcio