Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CANDO O FUTURO COMEZABA. CORRESPONDENCIA 1955-1990

€23,00
ISBN 9788498652420
Este libro recolle a correspondencia que Ramón Piñeiro mantivo co poeta e escritor Xosé Luís Franco Grande durante trinta e cinco anos, ata poucos meses antes do falecemento de Piñeiro.


A estreita relación entre os dous correspondentes e o relevo que esta tivo nos anos denominados de resistencia cultural fan deste obra un testemuño fundamental para entender o período no que se alicerzou a recuperación da cultura galega. Nas cartas que durante máis de tres decenios cruzaron Ramón Piñeiro e Xosé Luís Franco Grande está presente o espertar da conciencia galega durante as décadas de 1950 e 1960. Trázase, de xeito nidio, o mapa que ha axudar o lector a se situar no miolo dos acontecementos que deron orixe a unha imaxe nova de Galicia. Estas cartas son testemuño dunha época na que se puxeron os alicerces indispensables para a Galicia do presente. A estreita relación persoal entre Ramón Piñeiro e Xosé Luís Franco Grande levounos a manter unha correspondencia constante que reflicte o pensamento de Piñeiro e, a través dela, pódese percibir un panorama do mundo da cultura galega daquela época. Estas cartas contribúen a poñer de manifesto o que foi a reconstrución da cultura galega despois da Guerra Civil.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego