Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CAMIÑO DE SANTIAGO A MUXÍA POR BRANDOMIL

€12,90
ISBN 9788416460557
Unha ruta histórica ilustrada con 75 reveladoras fotografías.

A guía que é toda unha descuberta. Convídanos a percorrer unha senda histórica apenas recoñecida ata hoxe. Trátase do camiño máis dereito entre Compostela e Muxía, empregado dende hai séculos por peregrinos e camiñantes e que ten coma un dos emblemas a ponte medieval de Brandomil (ata Negreira coincide co Camiño oficial de Santiago a Fisterra-Muxía). Unha ruta de 86 quilómetros e que aquí se nos presenta con todos os seus atractivos: plano con etapas, lugares e monumentos para visitar, e ilustrada con setenta e cinco reveladoras fotografías. Unha guía práctica que nos convida a percorrer con acougo natureza e historia, porque, como afirma o autor, “andar os vellos camiños é reclamar o futuro”.


____

Editorial: Alvarellos
Idioma: Castellano