CAMIÑO DE SANTIAGO A MUXÍA POR BRANDOMIL

12,90

Unha ruta histórica ilustrada con 75 reveladoras fotografías.

Hay existencias

A guía que é toda unha descuberta. Convídanos a percorrer unha senda histórica apenas recoñecida ata hoxe. Trátase do camiño máis dereito entre Compostela e Muxía, empregado dende hai séculos por peregrinos e camiñantes e que ten coma un dos emblemas a ponte medieval de Brandomil (ata Negreira coincide co Camiño oficial de Santiago a Fisterra-Muxía).

Unha ruta de 86 quilómetros e que aquí se nos presenta con todos os seus atractivos: plano con etapas, lugares e monumentos para visitar, e ilustrada con setenta e cinco reveladoras fotografías.

Unha guía práctica que nos convida a percorrer con acougo natureza e historia, porque, como afirma o autor, “andar os vellos camiños é reclamar o futuro”.

Peso 0.100 kg
Autor

Manuel Vilar Álvarez

Idioma

Castellano

Nº de páginas

116

ISBN

978-84-16460-55-7

Encuadernación

Tapa blanda

Año edición

2019

Editorial

Alvarellos

Prazo de entrega