Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CAMIÑANDO

Agotado
€10,00
ISBN 9788493910761
CAMIÑANDO foi no seu tempo unha obra que incitou profunda e duramente aos concidadáns de Henry David Thoreau a tomarse en serio a realidade natural da existencia humana. Abeirado en Concord, Nova Inglaterra, entre os bosques inmensos que o cercaban, rodeado dos Transcendentalistas -entre os que se contaban Emerson, Nathaniel Hawthorne, e outr@s-  

Thoreau encontraba no sortilexio do "salvaxe" a maior ledicia, o gozo pleno. Por iso mesmo durante dous anos, nunha finquiña de Waldo Emerson, se retirou a vivir só, no medio dos montes, sen precisar nada máis que aquilo que o facía a el inxelrelembrándose en todo momento de si mesmo. "Non quero nada que non me faga vivir pleno o resto dos meus días, non quero chegar a vello decatándome de que non vivín"; máis ou menos así dicía Thoreau cando tivo aquela ocorrencia de retirarse ao interior da natureza. "Camiñando" é un testemuño, ou incluso un testamento, de quen deixa claro que "Todas as cousas boas son libres e salvaxes". Un testamento de quen se dá conta de que vivir unha vida de obrigas sen fundamento (e só consistentes en acordos ditaminados por unha sociedade neglixente na que un/ha xa non cre) non é vida. E que a vida verdadeira acontece para aquel, para aquela que se entrega á brétema fascinante do ceibo.
 

____

Editorial: axóuxere
Idioma: Gallego