Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CALDALOBA EN TERRAS DE VALVERDE

€9,50
ISBN 9788416460670
1º Premio do Iº Certame de Poesía Torre de Caldaloba (Cospeito)

O libro de poemas Na pel das árbores do vento de Paulino Peña (Vilardevós, Ourense, 1960) recibiu en 2019 o 2ª Premio da primeira edición do Certame de Poesía Torre de Caldaloba, que convoca o Concello de Cospeito (Lugo). Na histórica e hoxe moi esquecida Torre de Caldaloba (Cospeito, Lugo), resistiu ás tropas castelás, ata a súa morte, a filla do mariscal Pardo de Cela, Constanza de Castro. Sobre este feito e lugar, o poeta, narrador e ensaísta Xesús Rábade Paredes (Seixas-Cospeito, 1949) crea unha lenda histórica, Caldaloba en terras de Valverde (Alvarellos Editora) recoñecida o pasado decembro co 1º Premio na primeira edición do Certame de Poesía Torre de Caldaloba, que convoca o Concello de Cospeito. O xurado destacou “a súa imaxinación, a riqueza do contido histórico e antropolóxico, e o xeito de enfiar un corpus poético onde pasado e presente conflúen arredor do símbolo que representa a Torre de Caldaloba”. Xesús Rábade Paredes (Seixas-Cospeito, 1949) é poeta, narrador, ensaísta e tradutor de dilatada traxectoria. Iniciouse moi novo na creación, sendo alumno no Instituto de Lugo. Membro da promoción poética de 1968 e antologado en Os novísimos da poesía galega (1974), en 1977 subscribe o manifesto de renovación Cravo fondo. Con Helena Villar ten colaborado en varios proxectos creativos e didácticos. Obtivo, entre outros, os premios Manuel Antonio, Galicia, Esquío e González Garcés. Obra poética principal: Xuntos cara o mañán (1969), O sangue na paisaxe (1979), No aló de nós (1981), Matria de sombra (1987), Poldros de música (1993), Cabeleira de pedra (1993), Os dedos dos loureiros (2000), Os anos da memoria (2006) e Lugar do canto (autoescolma bilingüe, 2008).  En 2013 publica en Alvarellos Editora Sobre ruínas, premio da Asociación Galega de Editoras ao Mellor Libro de Poesía do ano, Premio Fervenzas Literarias 2013 ao mellor libro de poesía e libro de poesía finalista nos Premios da AELG. De 2018 é Memoria do corpo (Galaxia), poemario que, de novo, será recoñecido na Gala do Libro Galego como Mellor Libro de Poesía do ano. En 2019 Xesús Rábade prepara as súas memorias literarias.
 


____

Editorial: Alvarellos
Idioma: Gallego