Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O CADERNO LARANXA DE MORGANA

€12,00
ISBN 9788499143071
Teño 11 anos e 7 meses e puxéronme Morgana porque estaba de moda. Teño os ollos verdes, estudo sexto de Primaria e xogo ao baloncesto.

O meu irmán Ricardo quere poñer un piercing no nariz, e por pouco non llo fai o meu pai sen anestesia nin nada. Na escola, din que vai vir unha mestra nativa de inglés e Silvia cre que unha nativa é alguén que vén de cando Colón descubriu América. Ademais, a Vítor cáenlle as cousas das mans cada vez que o miro, e toda a clase canta a copla: «A Vítor lle gusta Morgana, a Vítor lle gusta Morgana...» Lle gusta? Como que lle gusta? Aínda non sei como aprobaron lingua de quinto. Vaia, paréceme que este vai ser un curso difícil.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego