Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CADERNO DUN REGRESO Á TERRA NATAL

€10,00
ISBN 9788484874331
Caderno, sendo a súa obra máis representativa, expresa por primeira vez de xeito poético este concepto que pretende proclamar o dereito do negro a unha existencia autónoma.

Aimé Fernand David Césaire (1913-2008), poeta, dramaturgo, ensaísta, intelectual e home político francés, nace na Martinica, no municipio de Basse Pointe, bordeado pola lambida histérica do océano atlántico, no seo dunha familia numerosa moi humilde. Emigra a París nos anos trinta grazas a unha bolsa de estudos para proseguir a súa formación académica. A mediados desta década, xunto con Léopold Sédar Senghor e Léon Gontran Damas, impulsará o movemento poético da Negritude. O Caderno, sendo a súa obra máis representativa, expresa por primeira vez de xeito poético este concepto que pretende proclamar o dereito do negro a unha existencia autónoma. Escrito en primeira persoa, á semellanza da escrita automática surrealista, libra as visións que de xeito cinematográfico lle van aparecendo nese regreso real ou imaxinario á súa terra natal durante unha mañá dende ao esmorecer a alba ata o final do día. A desolación impregna a primeira parte do poema, un sentimento que se torna en rebeldía, para se erixir en voceiro do seu pobo alienado pola colonización, tenta inculcarlle unha esperanza, reconstruír a súa identidade, revalorizar a condición de ser negro, e situalo nun humanismo rexenerador na cultural universal. Sen dúbida, no momento no que foi escrito, unha obra revolucionaria que presentaba unha visión anticolonialista do mundo e que dá o primeiro aviso do inicio da descolonización e da emancipación dos pobos que se vivirá nos anos 50 do século pasado.  

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Gallego