Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

BRUXOS E ASTRÓLOGOS DA INQUISICIÓN DE GALICIA E O FAMOSO LIBRO DE SAN CIBRÁN

€14,00
ISBN WP2526
Publícase por primeira vez en 1885, saíndo dende entón cinco edicións, delas, dúas facsímiles e unha en galego, esta só para bibliófilos (111 exemplares), polo que a primeira popular na nosa lingua é a presente, que vén a ser a sétima...

Publícase por primeira vez en 1885, saíndo dende entón cinco edicións, delas, dúas facsímiles e unha en galego, esta só para bibliófilos (111 exemplares), polo que a primeira popular na nosa lingua é a presente, que vén a ser a sétima. Dende o intre de saír do prelo contou con defensores que concordan co dito polo autor, e tamén con detractores, sobre todo entre os cregos e as clases máis conservadoras, que prefiren o silencio a  que se coñeza a verdadeira actuación do Santo Tribunal ao longo de varios séculos. A parte que esperta máis interese é a segunda, na que resume varios procesos contra meigas e astrólogos galegos que contan como fixeron feitizos, “infanticidios”, adiviñaron o futuro e ata tiveron trato co demo. Conclúe cun traballo encol do Libro de San Cibrán ou Ciprianillo, inserido non máis que para desterrar a crenza popular de obra misteriosa, na que se pode atopar todo canto se queira de bruxería, esconxuros, feitizos e tesouros. Vén a ser o primeiro estudo crítico que se publica verbo do devandito libro.

____