Brasil no centro

Brasil no centro

23,70

Un libro de viaxes que conxuga o ton íntimo e reflexivo do diario co relato do encontro cunha terra nova, afastada e inmensa, territorio ignoto que, como a vida, cambia conforme o tempo lle vai dando forma.

Hay existencias

Se en ‘Diario de comidas’, o seu anterior libro en prosa, o relato xa se desenvolvía en forma de dietario, desta volta a narración da experiencia expándese para, en estampas maxistrais, achegar aos lectores o pulso dun país senlleiro.

A partir do ano 2006, en que Rodríguez Baixeras visita por primeira vez o Brasil, decide convertelo nun centro de residencia primaveral e estival e, por tanto, nun dos principais polos de atracción -o outro é Galiza- cara ao que, desde entón, tendería a súa experiencia vital. A partir dese momento inaugural, inicia un modo de vida que lle permite un desdobramento: ser “outro” durante a metade do ano, non por mudanza de xorne ou de pensamento, senón por habitar outro clima, cambiar de ambiente, vestir outra roupa ou gustar comida diferente.

Amais dese dietario brasileiro, o poeta escribe unhas estampas en torno á cidade que o acolle, Salvador de Bahía. “A acusada presenza daquela terra ultramarina, tanto en forma de semblanzas como de diario, constitúe o verdadeiro centro deste libro, especialmente as primeiras polo que teñen de estabilidade, de prospección no tempo e -en certo modo- de novidade, de asombro inaugural”, escribe Rodríguez Baixeras na nota aclaratoria inicial. Para o autor de ‘O pan da tarde’, ser o centro non significa, nin moito menos, erixirse en obxecto de visión exhaustiva, pormenorizada, mais si de contemplación dirixida a unha sociedade de alto poder de seducción e, sobre todo, sempre irradiadora dun estraño feitizo.

Peso 0.300 kg
Autor

Xavier Rodríguez Baixeras

Idioma

Galego

Nº de páginas

328

Encuadernación

Rústica con solapas

ISBN

978-84-9865-368-7

Año edición

2011

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega

De 3 a 5 días