Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

BENVIDOS Á CIDADE

€14,75
ISBN 9788491514879
O comando de liberación animal entrou na granxa e abriu as gaiolas.  

Milleiros de visóns americanos, máis grandes e feros do que anunciaban as enciclopedias, foxen ás carreiras. Non se espallan polos montes dos arredores, senón que van cara á cidade sen nome. Alí viven persoas como Urbano e Nati, preocupados pola tardanza da súa filla; ou Celso, un traballador de banca que coñeceu tempos mellores; ou a misteriosa Lady Constance, que talvez coñeza de primeira man os proxectos do comando. Todos ignoran que a noite do venres vai estar chea de perigos. Os mustélidos que escaparon da granxa non só posúen feitura fermosa  e lixeireza de movementos, senón que tamén teñen instinto asasino e dentes longos e afiados. As rúas están ateigadas de cidadáns que festexan a primavera. Non sospeitan que a morte se agocha baixo a aparencia inocente dun animal de pel escintilante.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego