Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

BANDADA

€15,00
ISBN 9788484648055
Maxistral dende o punto de vista da técnica artística, é unha fermosa metáfora sobre a historia da humanidade. As aves representan as ambicións das persoas; as boas intencións que se tornan perversas. Aínda que un fulgor de esperanza resplandece no horizonte...


DAVID DANIEL ÁLVAREZ HERNÁNDEZ México D.F., 1984
Licenciado na Escola de Deseño do Instituto Nacional de Belas Artes de México (EDINBA). Os seus estudos de Artes Plásticas levárono ao campo da ilustración, no que recibiu varios recoñecementos a nivel internacional: 1º Premio de Ilustración (categoría de Estudante) no Encontro Latinoamericano de Deseño 2011, organizado pola Universidade de Palermo; 2º posto no Catálogo de Ilustradores para Publicacións Infantís e Xuvenís da Cidade de México 2011. Tamén foi seleccionado para a Bienal Ilustrarte 2012, en Lisboa.
MARÍA JULIA DÍAZ GARRIDO México D.F., 1986
Licenciada en Deseño pola Escola de Deseño do Instituto Nacional de Belas Artes de México (EDINBA). Participou en diversos obradoiros de creación e de edición de libros ilustrados; algúns impartidos por recoñecidos artistas como Gabriel Pacheco, Javier Zabala ou Suzanne Zeller.

____

Editorial: Kalandraka
Idioma: Gallego