Afinidades, ecos e influencias. Das orixes ao Naturalismo.

Baixo dos tileiros. A literatura alemá en Galicia deriva dunha obra anterior, Goethe en Galicia (Universidade de Vigo, 2007), centrada nas pegadas que o gran clásico alemán deixou nos autores galegos e na que xa se albiscaban certos aspectos da presente obra, pois, ao tratar da influencia de Goethe, resultaba inevitable a referencia ao influxo doutros autores alemáns.