Portada_pequena.indd

Baixo as mesmas nubes. Ferrol art book

18,00

Libro de arte, de imaxes de Ferrol creadas pola deseñadora local afincada en Valencia Elga Fernández Lamas. Inclúe 30 ilustracións: 15 de edificios que existen na actualidade e outras tantas de edificios que xa non están, como é o caso da fábrica de lapis, da factoría PYSBE ou da antiga churrería La Bola de Oro.

Sólo quedan 1 disponibles

En Baixo as mesmas nubes Elga Fernández interpreta un Ferrol que, en palabras do prologuista Xesús Constela, “é o barco que nos leva, a illa silandeira que navega na misteriosa deriva das súas propias singraduras, a nube que nos arrola entre as cores dos seus edificios máis emblemáticos”. Nel están o Casino ferrolá, o faro do cabo Prior, a casa de Carvalho Calero, o cine Capitol ou o Club Copacabana, entre unha trintena de imaxes marabillosamente debuxadas por Elga.

Peso 0.100 kg
Autor

Fernández Lamas, Elga

Idioma

Galego

Nº de páginas

46

ISBN

978-84-16456-61-1

Año edición

2017

Editorial

Embora

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)