Os relatos que conforman Badaladas de Anllóns tamén percorren a nosa xeografía, así como a nosa historia: desde finais do século XVI ata os nosos tempos. Todas as historias que conforman este caudal de relatos posúen un denominador común: a loita das nosas xentes por saíren adiante e gañar a batalla aos novos tempos.