Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

AVIÓNS DE PAPEL

€13,50
ISBN 9788491211907
Cando o reloxo da igrexa daba as seis e media, unha das fiestras do noveno andar abriuse e un avión de papel amarelo saíu voando, tecendo eses no ceo. O avión perdeu folgos e estrelouse nun terrado de flores. Sería posible coñecer a persoa que se dedicaba todas as tardes a lanzar un avión pola ventá?

Grazas a ese avionciño coñecéronse Lucas e Sara, un mozo e unha moza de sexto, que compartían o amor pola lectura e aos que lles gustaba escribir, a el historias e a ela poemas. Mais o que lle puña cara de alegría a Sara eran o debuxo e a pintura, que se converterían nun fío máxico para a súa amizade. Como aquel primeiro graffiti de Hopper na alameda, o do neno co papaventos.Unha novela sobre a amizade relatada sobre o fondo da arte urbana, dos traballos pictóricos, sexan graffitis ou murais, que humanizan a cidade e a fan máis fermosa.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego