Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

AVENTURAS DE ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS

€22,00
ISBN WP3969
Hai 150 anos que saíu do prelo por vez primeira o conto que o diácono e matemático Charles Lutwidge Dodgson inventara para distraer o recreo das irmás Liddell, e que o converteu xa para sempre no escritor Lewis Carroll, seudónimo co que firmou esta obra, unha das máis influintes da literatura universal

Hai 150 anos que saíu do prelo por vez primeira o conto que o diácono e matemático Charles Lutwidge Dodgson inventara para distraer o recreo das irmás Liddell, e que o converteu xa para sempre no escritor Lewis Carroll, seudónimo co que firmou esta obra, unha das máis influintes da literatura universal. Co gallo da efeméride velaquí esta edición, que conta coa versión galega de Xavier Queipo, escritor cunha recoñecida carreira que abrangue narrativa, poesía e ensaio, e que ten acadado numerosos galardóns —entre eles o Premio da Crítica española en 1990, o Xerais no 2011 ou o Arcebispo Juan de San Clemente do ano 2012. No campo da tradución recibiu, entre outros galardóns, o Premio Nacional pola súa colaboración na versión galega de Ulysses, de James Joyce. As colaxes que adornan o libro, obra de Fausto Isorna, pretenden fuxir da clásica iconografía de Alicia —asentada na espléndida versión de Tenniel—, e ofrecer unha ollada máis adulta, explorando as vertentes máis surrealistas e psicodélicas do texto.

____