Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

AS VIDAS DE… ANTONIO FRAGUAS

€12,90
ISBN 9788491513339
Hai moitas maneiras de achegarse á vida e á obra dun autor...

Esta que nos propón o escritor Xosé A. Neira Cruz é das máis orixinais que verás na túa vida, pois é unha biografía novelada. Coñecerás as moitas vidas dun home que fixo moitas cousas e sen o cal é imposible entender a Galicia dos nosos días. Mais, tamen, neste libro hai aventuras. Garantimos que nos vas poder deixar de ler… Neira Cruz, Xosé Antonio Nacido en Compostela en 1968, é un dos autores de libros dirixidos a público infantil e xuvenil máis relevantes do panorama galego actual. Licenciado en Filoloxía italiana e en Ciencias da Información. En 1989 obtivo o premio Merlín por Ó outro lado do sumidoiro, o seu primeiro libro publicado. Logo apareceron outros como Melanio e os paxaros e Os gatos de Venecia. Gañou en dúas ocasións o premio Barco de Vapor con Valdemuller e Os ollos do Tangaleirón. Entre a súa produción destacan outros títulos como O armiño dorme, A memoria das árbores e O xenio do sultán. Recibiu en 2008 o Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques con 'O punto da escarola', e en 2009 o Manuel María de Literatura Dramática Infantil pola súa obra 'Sopa de xarope de amora', sendo así recoñecido por segundo ano consecutivo nos galardóns literarios que convoca a AGADIC.    

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego