As vidas de… Antonio Fraguas

12,90

Hai moitas maneiras de achegarse á vida e á obra dun autor…

Hay existencias

Esta que nos propón o escritor Xosé A. Neira Cruz é das máis orixinais que verás na túa vida, pois é unha biografía novelada. Coñecerás as moitas vidas dun home que fixo moitas cousas e sen o cal é imposible entender a Galicia dos nosos días. Mais, tamen, neste libro hai aventuras. Garantimos que nos vas poder deixar de ler…

Neira Cruz, Xosé Antonio
Nacido en Compostela en 1968, é un dos autores de libros dirixidos a público infantil e xuvenil máis relevantes do panorama galego actual. Licenciado en Filoloxía italiana e en Ciencias da Información. En 1989 obtivo o premio Merlín por Ó outro lado do sumidoiro, o seu primeiro libro publicado. Logo apareceron outros como Melanio e os paxaros e Os gatos de Venecia. Gañou en dúas ocasións o premio Barco de Vapor con Valdemuller e Os ollos do Tangaleirón. Entre a súa produción destacan outros títulos como O armiño dorme, A memoria das árbores e O xenio do sultán.

Recibiu en 2008 o Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques con ‘O punto da escarola’, e en 2009 o Manuel María de Literatura Dramática Infantil pola súa obra ‘Sopa de xarope de amora’, sendo así recoñecido por segundo ano consecutivo nos galardóns literarios que convoca a AGADIC.

 

 

Peso 0.100 kg
Autor

Xosé Antonio Neira Cruz

Idioma

Galego

ISBN

978-84-9151-333-9

Año edición

2019

Encuadernación

Tapa blanda

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega