Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

AS SEÑORAS COUSAS

€8,50
ISBN WP1779
Arredor de tí hai moitas cousas: libros, xoguetes, animais, a chuvia, a cama, as zapatillas, o trono, o sol, o día, a noite, a primavera, a neve, o vento, o frío, o mar, as nubes... Todas as cousas que ves poden falar contigo e ti con elas. A poesía consegue o milagre de que todo viva e se che acerque para xogar contigo.

Helena Villar Janeiro naceu en Becerreá no ano 1940. Despois de rematar o bacharelato, fixo estudos de Maxisterio en Lugo e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras (Sección de Pedagoxía) na Universidade de Madrid. Como escritora cultivou varios xéneros, especialmente a poesía e a narración, pero dedicando unha atención moi particular á literatura infantil e xuvenil. No ano 1984 publicou unha novela para rapaces titulada Patapau. Despois foron aparecendo O día que choveu de noite, Vermiño, A canción do Rei e a novela Viaxe a Illa Redonda. No ano 1991 Galaxia editou O enterro da galiña de Domitila Rois, primeiro libro de Helena Villar dirixido ó público adulto.

____