Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

AS MOEDAS MEDIEVAIS GALEGAS

€13,00
ISBN WP3436
A pesar do interese que a moeda tivo ao longo da Historia, non abundan os libros sobre elas e menos aínda sobre a moeda de época antiga e medieval. Neste libro faise un percorrido tanto polas moedas achadas en Galicia, como por aquelas que foron acuñadas aquí (Lugo, Tui, A Coruña...), empezando polas púnicas descubertas a mediados do século XIX no Coído de Bares, ata as dos Reis Católicos.

A pesar do interese que a moeda tivo ao longo da Historia, non abundan os libros sobre elas e menos aínda sobre a moeda de época antiga e medieval. Neste libro faise un percorrido tanto polas moedas achadas en Galicia, como por aquelas que foron acuñadas aquí (Lugo, Tui, A Coruña...), empezando polas púnicas descubertas a mediados do século XIX no Coído de Bares, ata as dos Reis Católicos. Non se esquece tampouco da moeda portuguesa, de moita circulación na Idade Media sobre todo no sur de Galicia, así como das cuñadas por orde do rei Fernando I cando en 1370 invade este territorio chegando ata A Coruña (cecas de Tui, Milmanda e A Coruña).
O estudo complétase coas mencións documentais: denominación das moedas máis frecuentes, valor e troco das mesmas...: libras, diñeiros, soldos, nunos, morabitinos, óbolos, dobras, novéns, cornados, pepións, tornés, floríns, graves, barbudas, reais...
Remata cun capítulo dedicado á moeda nos Camiños de Santiago.

____