Oferta
AS CRUCES DE PEDRA NA GALIZA-2123

AS CRUCES DE PEDRA NA GALIZA

68,70 35,00

As cruces de pedra na Galiza é o título dun detallado estudo publicado por Castelao no que se describe a historia, significado e tipoloxía dos cruceiros galegos, así como doutras cruces de pedra.

Hay existencias

As cruces de pedra na Galiza é o título dun detallado estudo publicado por Castelao no que se describe a historia, significado e tipoloxía dos cruceiros galegos, así como doutras cruces de pedra.

O libro foi publicado postumamente, pola editorial Nós, na imprenta López, de Bos Aires, en xaneiro de 1950. A editorial madrileña Akal publicou unha edición facsímile en 1975 e, posteriormente, Galaxia outra en 1984.

O Museo de Pontevedra organizou no ano 2000 unha exposición conmemorativa d’As cruces de pedra na Galiza, na que presentaba os manuscritos, cheos das correccións que o autor foi introducindo ó longo dos anos, e as ilustracións orixinais. Carlos Valle, daquela director do Museo, explicaba que aínda que algunhas das teses de Castelao sobre a orixe e a expansión dos cruceiros poidan ser discutibles, cos coñecementos actuais, el e este libro conseguiron que intelectuais, homes da cultura, etc., “pensaran nestas obras como monumentos, cando antes apenas estaban dignificadas”.

Peso 0.999 kg