Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

AS CASAS

€13,00
ISBN 9788494790621
xxx Premio Nacional de Poesóa Xosé María Pérez Parallé  

Carlos Lixó (Carreira, Ribeira, 1991) gañou o Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé 2017, que convocou o Círculo Mercantil e Industrial Unidad de Fene, co libro As casas (Espiral Maior). Este é o primeiro volume publicado polo historiador aínda que xa antes gañara varios certames de narrativa. E talvez esa querenza pola prosa sexa unha das razóns de que este libro de poemas teña no verso o seu principal atranco. Teño falado nalgunha outra ocasión que o verso non pode converterse nun fetiche durante a expresión lírica. O verso, como interrupción “irregular” do discurso, ten que estar ao servizo do ritmo. Debe sumar, non converterse nunha sorte de “stop” do telegrama ou un mecanismo automático para deixar ordenadiños os poemas sobre a páxina. N’As casas a maioría dos textos que aparecen versificados estarían mellor en parágrafos. Non perderían nin unha chisca do seu valor poético e permitiríanlle ao lector fuxir da trampa sincopada dunhas estrofas cortadas a machado. Hai poemarios que se salvan só pola forza do seu ritmo. O de Lixó non está entre eles pero ten outra virtudes. Esta obra fálanos dun autor que aínda non ten ben claro como contar pero si o que quere contar. E ter un universo propio é o máis difícil da literatura. O universo de Lixó aliméntase das pequenas lendas cotiás, das imaxes que gravan os recordos. E como en calquera autor novo, do abraio pola mecánica da vida: como o tempo vai modelando as emocións, como vai creando paradoxos, sementando aquí e acolá pezas que se volven literatura nas mans do creador. Para tratar con tal temática, Lixó opta pola simplicidade formal, por un vocabulario de a diario, por ir ao cerne da súa experiencia para compartila fresca cos lectores. Este camiño, aparentemente fácil, é en realidade moi complexo porque a lingua, cando se sabe literaria, faise rebelde, soberbia, ten tendencia a enredarse na expresividade aprendida nos libros, non nas rúas. Lixó esquiva este perigo. En moitos casos consegue un alto nivel de beleza só a base de deter a mirada nese detalle perfecto que lle insufla literatura á rutina. A pesar de que en moitos casos os cualificativos están moi ben medidos, en xeral sóbranlle ao libro adxectivos (velaí outra ligazón coa narrativa actual galega), especialmente aqueles que apenas teñen significado. Polo mesmo motivo, están de máis algunhas frases feitas. César Lorenzo Gil. (21/02/2019) BIOSBARDIA.

____

Editorial: Espiral Maior
Idioma: Gallego