Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A TARDE. O DESACOUGO

€14,00
ISBN 9788494916403
XXXI Premio Nacional de Poesóa Xosé María Pérez Parallé  

“Cómpre rexeitar elitismos, falsas vangardas, profanar a propia tradición e ir alén da cultura de consumo interno”

Rafael X. Muñoz Castro. “Amauta Castro (pseudónimo literario de Rafael X. Muñoz Castro), nado Euskadi en 1981, obtivo a XXXI edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, que convoca o Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene, co apoio do Concello de Fene. O xurado escolleu o libro de Amauta Castro, titulado A tarde. O desacougo de entre 34 obras presentadas a concurso este ano. Trátase da XXXI edición deste Premio, creado para homenaxear ao poeta fenés Xosemaría Pérez Parallé, coñecido como O Segrel do Penedo. Poeta popular, activista literario, promotor da celebración en Galicia do Día das Letras Galegas que fora instituído polas colectividades galegas do exilio. O autor galardoado é poeta e tradutor. Di que naceu en Euskadi por accidente, fillo dunha galega e un andaluz emigrados na marxe esquerda do Nervión. Criouse en Vigo pero, en 2004 emigra por razóns de traballo a Salt (Girona) onde actualmente reside. Participou en diversas publicacións colectivas e antoloxías como DornaAntoloxía Poética da Diáspora GalegaAndar21O Ollo PúblicoO poliedro da soidade ou a Revista Ligeia. Ten colaborado co suplemento “Altermundo” de Galicia Hoxe. Levou a súa voz a diversos festivais e acción poéticas coma o “X Festival de Poesía a les Caves” (Sant Sadurní d’Anoia) e o “Proxecto Catalitzador 2013” (Barcelona). En 2017 resultou gañador do XXXI Certame de Poesía Rosalía de Castro. O xurado desta edición estivo integrado por Manuel Forcadela, Berta Dávila e Míriam Ferradáns.”

____

Editorial: Espiral Maior
Idioma: Gallego