As cartas do destino

17,00

Entre dous mundos.

 

Premio Manuel Murguía da Deputación da Coruña no ano 2003, As cartas do destino é un traballo de investigación histórica desenvolvido por Xosé M. Nuñez Seixas e Raúl Soutelo a partir da correspondencia mantida ao longo de cincuenta anos polos membros dunha familia de emigrantes galegos en América. A voz dos outras veces protagonistas anónimos da historia chega agora aos lectores de maneira directa a través das cartas que se inclúen neste libro publicado na colección Memoria.

Hay existencias

Category: Etiquetas ,

Entre América e Galicia circularon durante medio século as cartas da familia Naveiras, orixinarios da parroquia de Ferreira, no concello ferrolterrán de San Sadurniño. As angueiras e arelas destes galegos que marcharon traballar alén mar quedaron así fixadas por escrito. As cartas do destino recolle unha correspondencia de máis de duascentas cartas para, a partir delas, os historiadores Xosé M. Seixas e Raúl Soutelo reconstruíren a historia dunha vida. Mediante a investigación feita polos autores do libro, o lector pode compartir unha experiencia semellante a dos centos de milleiros de galegos que atravesaron o Atlántico, ao tempo que ten acceso directo ao testemuño daqueles que nunca deixarán de pensar na súa terra.

As dificultades da vida cotiá, profesional e familiar, as relacións entre os galegos emigrados e as destes cos que permaneceron en Galicia, o asociacionismo como xeito de recrear os vencellos sociais da terra de orixe e o constante afán por axudar ao progreso de Galicia coa construción de escolas e axuda económica, quedan reflectidas nun libro no que os auténticos protagonistas falan en por si.

Peso 0.300 kg
Autor

Raúl Soutelo Vázquez, Xosé Manuel Núñez Seixas

Idioma

Galego

Nº de páginas

272

Encuadernación

Rústica con solapas

ISBN

978-84-8288-791-3

Año edición

2005

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega