as canteiras

As canteiras do litoral moañés

16,00

Este traballo presenta unha investigación novidosa e amena sobre a actividade de extracción de pedra nos monstes de Moaña durante a primeira metade do século XX

Hay existencias

Categorías: , Etiquetas: ,

A autora realiza un exhaustivo estudo no que non se limita a traballar coa documentación existente, senón que entrevista as últimas persoas que foron testemuñas directas do labor das canteiras. O resultado é unha obra formidable que satisfará a quen busque documentarse sobre esta actividade industrial e tamén a aqueles que gozan coñecendo a nosa historia e o noso patrimonio.

Tamara Campo Táboas nace en Mos (Pontevedra) en 1989. Comeza a súa formación en arquitectura na Universidade da Coruña, estudos que complementa co Grao en Conservación e Restauración de Bens Culturais pola ESCRBCG.

É esta vinculación coa conservación do patrimonio a que a leva paralelamente a realizar diferentes actividades vencelladas á difusión desta disciplina en xeral e do patrimonio industrial en particular. A súa investigación sobre a cantaría local do municipio de Moaña, no cal reside, resulta merecedora do Premio de Investigación Buxa 2015, concedido pola Asociación Galega de Patrimonio Industrial, e publicada baixo o título As canteiras de Moaña e outras xeiras.

Do mesmo xeito culmina a súa formación efectuando prácticas en empresas galegas do sector e no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.

Peso 0.100 kg
Idioma

Campo Táboas, Tamara

Nº de páginas

238

ISBN

978-84-15166-71-9

Encuadernación

Tapa blanda

Año edición

2018

Editorial

Morgante

Prazo de entrega

De 3 a 5 días

EXISTENCIAS

NON

DISTRIBUIDOR

ARNOIA (BAIXO PEDIDO)