Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

AS AVENTURAS DE MIKOŁAJ DOŚWIADCZYŃSKI

€16,00
ISBN 9788417388263
É considerada a primeira novela polaca. O protagonista desta novela de aprendizaxe e de viaxes, Mikołaj, un nobre polaco, narra a súa vida en primeira persoa cunha clara intención didáctica. Entre estas aventuras destaca a súa estadía en Nipu, unha illa ficticia na que Ignacy Krasicki sitúa unha utopía política que emprega como contrapunto para satirizar a sociedade europea da época.

O protagonista remóntase á súa infancia e censura a educación que recibiu, contaminada por demasiadas supersticións, cuxas pegadas percibe aínda na idade adulta e contra o que ten que loitar como home ilustrado. Ao longo dos tres libros nos que se divide a novela, Mikołaj aprende a comportarse como un bo cidadán.

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego